Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

ESPAZO DE MATES EN INGLÉS

Ola familias!

Como ben sabedes, os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Primaria comezamos os ambientes de aprendizaxe o pasado mes de Xaneiro.

Hoxe querémosvos contar algunhas cousiñas do ambiente de matemáticas en inglés!

Estamos a traballar diversos conceptos matemáticos dunha forma lúdica e moi divertida para repasar e reforzar algunhas das nocións que xa sabiamos e aprender outras novas. Dentro das actividades propostas se atopan as seguintes: un supermercado no que traballamos operacións como sumas e restas á vez que compramos e facemos equivalencias de moedas e billetes, xogos de mesa con números e operacións, un xogo para diferenciar números pares e impares, unha máquina de sumar que nos permite traballar a estimación, cintas métricas para traballar as medidas, varios tangrams para xogar coas figuras xeométricas, crebacabezas relacionados coa hora dixital e analóxica e ata un bee-bot!…… Sabedes o que é?

Para os que non o saibades, o bee-bot é un robot en forma de abelliña coa que introducimos ao noso alumnado no mundo da robótica e da programación. Ademais disto, tamén se pode empregar para xogar coas matemáticas e incluso coas letras!   Xa iredes vendo cantas cousas chulas nos vai a ensinar o bee-bot!

collage maths 1

collage maths 2

collage maths 3

Vémonos pronto con máis noticias sobre estos Ambientes tan chulos 🙂