Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Escape Room

SEGUNDO ESCAPE ROOM EDUCATIVO GALÉN 2019
Enmarcado nas xornadas matemáticas do centro, este ano,en Galén celebramos a segunda edición de Escape Room Educativo para o noso alumnado a partir de primeiro de ESO.
A actividade de escape tivo lugar en catro salas diferentes e simultáneas con retos, problemas, enigmas e demais probas adaptadas a cada nivel que buscan achegar outro tipo de aprendizaxe aos rapaces, pero sobre todo, aumentar a súa motivación cara ás matemáticas.
Os Escape Room Educativos son unha ferramenta máis que permite aos docentes crear dinamismo na aula e incentivar a motivación do alumnado con actividades que van máis alá da formación e que permiten desenrolar experiencias educativas memorables nos rapaces e rapazas.
Galén segue a apostar polos Escape Room Educativos para os maiores, xa que o factor que se engade ao estar encerrado nunha aula onde o propósito final é conseguir a chave que lles permita saír, apórtalles unha motivación extra. Mentres que os pequenos participan nunha Gincana resolvendo pistas, retos ou puzzles a modo de BreakoutEdu na que todos os cursos de infantil e primaria deben de traballar en equipo para lograr abrir unha caixa pechada con cadeados.
Este ambiente educativo divertido e colaborativo que se crea nestas actividades de gamificación, basease na aprendizaxe experiencial por parte do alumnado que participa neles, sendo un ano máis, un éxito motivacional para o noso alumnado.