Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Idiomas

En Galén somos conscientes da importancia de adquirir unha alta competencia en inglés, así que para conseguir que o noso alumnado sexa bilingüe, decidimos rediseñar o noso proxecto educativo creando, fai xa sete anos, Galén Nursery School (Educación Infantil bilingüe) cun 60% da xornada en inglés.

En Educación Primaria ampliamos o número de sesións e ademais utilízase o inglés como lingua vehicular noutras áreas como Educación Física, Plástica e diferentes talleres internivelares. En Educación Secundaria e Bacharelato a formación en inglés refórzase con clases de conversación impartidas por profesorado nativo.

O noso obxectivo é conseguir que o noso alumnado sexa quen de expresarse e comprender este idioma no maior número de contextos posibles e adquirir así a capacidade comunicativa necesaria para desenvolverse con soltura e naturalidade, tanto no ámbito social como no profesional.

Ao longo do curso organizamos intercambios internacionais con Francia (4º ESO) e Dinamarca (1º BAC) e programas de inmersión lingüística e cultural en Irlanda e Alemaña (2º e 3º ESO)

Intercambios internacionais

Cos intercambios internacionais ofertamos ao noso alumnado unha vivencia persoal que lles axuda a madurar e a prepararse para adaptarse a ambientes diversos e cambiantes. Esta experiencia dálles a posibilidade de coñecer outro país, outra cultura e outros costumes, ensinámoslles así a ser máis respetuosos, tolerantes, autónomos e responsables.

Supón unha inmersión cultural e lingüistica nun novo país. Durante unha semana, no caso de Francia (París) e durante 10 días en Dinamarca (Skive e Copenhage), o noso alumnado de 4º ESO e 1º BAC respectivamente é acollido en familias e durante outra semana serán eles os anfitrións. O programa combina a asistencia a clases e talleres no colexio con actividades deportivas, sociais e culturais.

Programas de Inmersión Linguística e Cultural

En anos alternos, os nosos alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO teñen a posibilidade de aprender e disfrutar durante unha semana e durante o curso académico dun completo programa de inglés en Irlanda con estancia en familias e dun intenso programa de actividades con estancia en residencia en Alemaña.

Inglés, Francés e Alemán

Ao finalizar os seus estudos en Galén o noso alumnado alcanza unha formación significativa en lingua inglesa impartida desde os 3 anos, unha ampla formación en francés iniciada aos 8 anos e as bases de iniciación en alemán a partir dos 12 anos, que lles permite acadar as competencias necesarias para presentarse aos exames de nivel de Cambridge, Delf e Goethe.

BAC Dual Americano

O programa ofrece a oportunidade de obter dúas titulacións simultaneamente: o bacharelato español e o estadounidense. Así, o estudante cursa estudos en dous colexios ao mesmo tempo: no noso, de xeito presencial e no americano de forma virtual, é dicir, o programa combina o estudo do bacharelato español realizado no colexio, co estudo on-line das materias necesarias para obter o título oficial de bacharelato americano, e sempre ca axuda e supervisión do profesorado de Galén.

Exames Cambridge

En Galén cremos que a obtención dos diplomas da Universidade de Cambridge son imprescindibles na formación do noso alumnado.
Estes exames de prestixio e recoñecidos a nivel internacional supoñen un valor engadido. Desde o centro, a través do noso English Club e English School, potenciamos e preparamos ao alumnado para que se examine nos diferentes niveis do Marco Común Europeo de Referencia (MCER):

YLE Starters
A1 YLE Movers
A2 YLE Flyers, KET
B1 Preliminary PET
B2 First FCE
C1 Advanced CAE
C2 Proficiency CPE

English Club & English School

English Club: Dirixido a nenos/as de 6 a 9 anos ten como obxectivo o uso do inglés como lingua vehicular a través dunha batería de actividades e talleres lúdicos (manualidades, cociña, informática, creación de cómics, cancións, teatro…).
English School: Dirixido a nenos/as de 10 a 18 anos ten como obxectivo profundar na aprendizaxe do inglés como vehículo de comunicación, e preparar ao noso alumnado para conseguir a titulación lingüística establecida polo Marco Común de Referencia Europea: A1, A2, B1, B2, C1 e C2.

Actividades de verán

campamento Urban English Camp está dirixido a nenos/as de 3 a 9 anos e pretende a aprendizaxe do inglés en contextos lúdicos e divertidos.
campamento English Summer Camp permite a aprendizaxe significativa de inglés en contextos de inmersión e está dirixido a nenos/as de 9 a 13 anos.
curso de inglés en Inglaterra que vén desenvolvéndose con éxito e eficacia desde hai varios anos é outra das actividades que axuda a potenciar o coñecemento do inglés.