Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Actividades Extraescolares

Galén ten unha oferta en actividades extraescolares, deseñadas e coordinadas por profesorado do Centro.

Desexamos potenciar no noso alumnado outras habilidades e intereses destacando os valores relacionados coa socialización, a participación, a colaboración, a integración ou o respecto das opinións dos demais asumindo as responsabilidades mentres goza do seu tempo libre.

Opcións

Debuxo e Pintura,  Teatro, Baile Tradicional, Baile Moderno, Fútbol Sala , Atletismo, Hockey, Patinaxe,  Voleibol, Karate e a Escola de Baloncesto Galén, coa que mantemos un convenio de colaboración co Clube Ensino.