Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Proceso de Admisión

1

Contacto

Encha o formulario de contacto. Chamarémolo para informarlo ou concertar unha cita á maior brevidade posible.

Contacto 50%

2

Visita guiada

Os nosos coordinadores de etapa amosaranlles as instalación e explicaranlles todo sobre o noso proxecto educativo.

Visita Guiada 70%

3

Inscrición e reserva de praza

Formalización da inscrición / matriculación no centro e reserva de praza para o novo curso escolar.

Inscrición 100%
1. Contacto | Encha o formulario de admisión
Encha o formulario de admisión para solicitar máis información, unha cita ou unha visita guiada.
Información

Oferta Educativa

No Centro Galén impártense clases de todos os niveis, desde Educación Infantil ata Bacharelato

Educación Infantil Galén Nursery School 3 anos
4 anos
5 anos
Educación Primaria 6 anos
7 anos
8 anos
9 anos
10 anos
11 anos
Educación Secundaria Obligatoria Primeiro Ciclo 12 anos
13 anos
14 anos
Segundo Ciclo 15 anos

Título de Graduado en E.S.O.

Bacharelato 16 anos
17 anos

Título de graduado en Bacharelato.

“Camiñando xuntos desde os 3 anos ata a Universidade.”

Prezos

Curso Mensual
Educación Infantil 358€ *Factúranse 10 recibos íntegros (de setembro a xuño) en todos os cursos de 1º de educación infantil a 2º de bacharelato.

 

* Os pagos efectuaranse a través de domiciliación bancaria a mes vencido os días 29 ou 30 de cada mes.

 

*Para as familias con dous fillos matriculados no centro, o segundo fillo ten un 12% de desconto no concepto de ensinanza e con tres fillos matriculados, o terceiro fillo ten un 30% de desconto en concepto de ensinanza.

Educación Primaria 410€
ESO 1º ciclo 455€
ESO 2º ciclo 497€
Bacharelato 554€
Matrícula
Educación Infantil 335€ * A matricula aboarase, unha soa vez, cando o alumno estea admitido no centro.
Educación Primaria 350€
Educación Secundaria 375€
Bacharelato 430€
Outros Servizos Mensual
Comedor (5 días semana) (servizo xeral) 173€
Ampliación Horaria
(1 hora)
30€

Incorporación de alumnos

Información Xeral

Na secretaría do colexio darase unha primeira e xeral información en canto a horarios, prezos, documentación necesaria, clases opcionais, etc. enchendo unha solicitude previa dotada dun número de orde.

Previa petición de hora terán unha entrevista coa Orientadora do centro. O alumno acudirá á entrevista acompañado dos seus pais coas súas últimas cualificacións.
No prazo de tempo que se lles indicará durante a entrevista, serán chamados para a confirmación ou non da praza e, no seu caso, para que cursen a reserva definitiva
A inscrición provisional queda supeditada a entregar en Secretaria a documentación do centro de procedencia que acredite a situación escolar do alumno.

É necesario aboar algunha cantidade ao facer a solicitude?

Non, só se aboará a cantidade da matrícula unha vez aceptada e concedida a plaza.

Debe asistir o alumno ou alumna á entrevista persoal?

Si, sempre debe acompañar á familia na entrevista coa orientadora.

É necesario realizar algunha proba de admisión?

Non.

Cal é o horario de visitas?

Todos os días de luns a venres de 8:30 a 19:00 previa petición de hora.

Hai dificultades para conseguir plaza?

Dependendo do curso solicitado e da data na que se realice a solicitude. Póñase en contacto coa secretaría para verificar dispoñibilidade.

Dispón de uniforme o colexio?

Non, pero existe un chándal obrigatorio dende Ed. Infantil ata 2º ESO.

Debe solicitarse a renovación da praza todos os anos?

Si, no mes de marzo, deberase facer unha reserva da praza para o vindeiro curso, sendo un mero trámite de renovación.

Teñen os irmáns garantizada unha praza?

Non, teñen prioridade pero depende da disponibilidade de prazas.

Hai desconto por familia numerosa?

Si, o 12% no 2º fillo ou filla , un 30% no 3º.

Existe menú para alérxicos?

Si, dispoñemos de cociña propia que realiza e adapta os menús para calquer tipo de alerxia.

Qué inclúe o prezo?

– Ensinanza regrada.

– Ensinanza ampliada no horario e en contidos educativos:
* Idiomas
* Saídas dun día
* Reforzos
* Departamento de orientación

– Outros servizos:
* Almorzo media mañá
* Merenda alumnos e alumnas de actividades extraescolares.

Que non inclúe?

– servizos dentro da educación regrada
* libros de texto, cadernos,… ( ESO e BAC)
* viaxes de estudos e estancias de máis de un día
* comedor
* transporte

– escola de música, Cantarela
– escola baloncesto
– campamentos de verán
– english club, english school.
– e outras actividades extraescolares.

Que horario ten o centro?

En Educación Infantil e Educación Primaria o horario será de 9:15h a 16:50h.
En 1º e 2º da ESO de 8:50h a 16:50h.
En 3º e 4º da ESO e 1º BAC de 8:50h a 14:20h e luns e mércores de 15:15h a 17:00h.
En 2º Bac de 8:50h a 14:20h e luns de 15:15h a 17:00h

Que facer no caso de retraso ou enfermidade do alumno ou alumna?

Chamar ao centro e avisar do que ocorre.

Existe ampliación horaria?

Si, Ten lugar todas as mañás de luns a venres en horario de 8:30h a 9:15h, podendo solicitala dende as 7:30h para os nenos e nenas dende 1º de EI ata 6º EP no que poderan almorzar e realizar diversas actividades.