Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Economía 1º BAC: Consumismo.

Invitámosvos a visitar a exposición  realizada polos alumnos e alumnas de 1º de BAC, remata con ela  o monográfico dedicado ao consumo que traballaron desde a materia de Economía durante  o primeiro trimestre.

Comenzaron coa buscaa de información sobre os hábitos de consumo na nosa sociedade e os problemas que conleva, como é a manipulación á que nos somete a publicidade.

Tratábase de facer unha reflexión e tomar consciencia da outra cara do consumo e do papel das multinacionais.

As actividades levadas a cabo foron desde unha visita guiada a Eroski, estudo de casos prácticos por grupos, simulacións de negociacións por parellas, exposición de varios temas relacionados, como a análise da producción con enerxía verde, posta en contacto con asociación de consumidores, investigación sobre os dereitos do consumidor,…

Para rematar, fixeron un mural buscando imaxes relacionadas co tema, que impactaran e as acompañaron dunha reflexión de cada alumno ou alumna.

No mural, invítase aos espectadores a facer a sáa aportación en forma de grafiti, escribindo unha palabra ou frase curta que lles veña á cabeza despois de ver o traballo.

GALEN 11