Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

E tamén cociñamos!

As nenas e nenos de 1º de EP tivemos a oportunidade de ir facer a compra a un súper da cidade, o Gadis. Alí nos estaban esperando Teté e Paula para contarnos moitas cousas relacionadas coa alimentación.

Paula explicounos a pirámide de alimentos e despois fixemos un percorrido polo súper para ver as distintas seccións. Ao rematar a visita fixemos a compra para poder cociñar o noso menú vexetariano:

1º plato: crema de leituga con picatostes
2º plato: arroz de verduras
Sobremesa: crema de froitas con virutas de chocolate.
E para rematar convertémonos en  camareiros e camareiras dos nosos compañeiros e compañeiras. Foi moi interesante e gozamos moito con esta actividade. Mirade, mirade: