Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Dublin 2019

Os grupos de 2º e 3º ESO veñen de rematar a súa viaxe de inmersión
lingüística en Dublín, conviviron durante oito días con familias
irlandesas aproveitando para mellorar a súa fluidez na lingua inglesa e
coñecer de primeira man os costumes e aspectos básicos da cultura
irlandesa. 

Tiveron ocasión de gozar da beleza das verdes paisaxes da Illa
Esmeralda, percorrendo as montañas do condado de Wicklow, os lagos de
Glendalough e os Cantís de Howth. Un percorrido pola cidade de Dublín
descubriulles todos os segredos da capital e unha visita ao Castelo de
Malahide complementaron a semana. 

O aproveitamento do programa de clases e actividades plasmouse na
presentación de distintos proxectos grupais o derradeiro día de colexio
en Irlanda.