Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Dex with Iker, Clara, Lucas and Hernán!

Good Morning familias!

O noso amiguiño Dex continúa vivindo aventuras na compaña dos nenos e nenas! Dex está feliz de que esteades todos colaborando e acolléndoo nas vosas casas 🙂

A semana pasada, estivo nas casas de Iker, Clara, Lucas e Hernán.

Comezamos por Iker, quen, moi emocionado foi a visitar a papá ao traballo para presentarlle a Dex! Alí coñeceron tamén a Polo, un canciño que lles fai compaña. Enseguida voltaron a casa para tomar a merenda e xogar un pouquiño con Golfi, o mastín que vive con eles. Despois, como facía moitísimo frío fóra, decidiron poñerse a facer unhas albóndigas e Dex tomou boa nota 🙂 Co que lle gusta a cociña!

Iker and Dex

Logo xogaron unha partidiña á oca e pronto chegou a hora do baño e de irse á cama. Como vedes, un día completiño!

Iker and Dex 2

Seguimos con Clara, quen despois dunha tarde de maquillaxe no cole foi con Dex de compras para facer a cea e despois compartiron xogos con Juan, o irmán de Clara.

Clara and Dex

A continuación Lucas, o primeiro que fixo foi presentarlle a Dex ao seu compañeiro de xogos favorito, o seu irmán Nano. Xuntos, xogaron cos coches, merendaron, e durmiron os tres xuntiños.

Lucas and Dex

Por último, Hernán estivo a xogar toda a tarde con Dex compartindo un dos seus xogos favoritos, os cabaleiros. Xuntos, leron un conto e xuntos desfrutaron sun soño reparador despois de tan longa xornada 🙂

Hernán and Dex

Coma sempre, a vindeira semana máis!

Kisses and hugs!