Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Dex with Antía, Gael R. and Sabela L.!

Bos días dende Galén Nursery School!

Como xa vos adiantara, esta semana o noso amiguiño Dex pasou polas casas de tres dos nosos peques e, como veredes polas fotos comparten momentos moi divertidos! 🙂

Comezamos con Antía, que despois dun axetreado día no cole e máis de xogo, chegou á casa e o primeiro que fixo foi presentarlle a Dex ao seu irmán Toni! Así, entre os tres, remataron o día entre contos e risas 🙂

BeFunky Collage

Ao día seguinte, foi a quenda de Gael R., quen, divertido, xogou con Dex e co seu canciño ;). Os tres formaron un grupo do máis simpático! Despois do xogo tocou baño, e alá que foron os dous, Gael R. e máis Dex. Nin que dicir ten que despois dun relaxante baño non tardaron nadiña en durmirse, especialmente Dex, despois de tantas emocións!

BeFunky Collage2

Para rematar a semana, Dex estivo na casa de Sabela L. Xuntos foron á compra, co que goza Dex coa comida! Mmmm!Logo cearon e tamén tiveron tempo para xogar! Ademáis, Sabela amosoulle a Dex os seus xoguetes e compartiunos con él. Aquí podemos velos facendoo un puzzle e xogando coa pelota de Dex.

Así, axiña rematou o día e comezou o seguinte!

BeFunky Collage3

De modo que, Dex volve esta semana á carga disposto a pasalo xenial e gozar da compaña de máis nenos e nenas!

Atentos!

Kisses and Hugs!

Anterior