Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Cultivando tomates!

As nenas e nenos do Obradoiro de Horto rematamos  o cultivo dos tomates, agora só nos queda regar para ter unha boa colleita.

Polo mes de marzo iniciamos a sementeira, utilizamos os iogures para facer os semilleiros e poidemos, entre tres vaiedades, escoller a que máis nos gustou: cherry, corazón de boi ou moitomel. Unha vez que sementamos levamos os semilleiros para a nosa clase, alí facía máis calorciño.
1a
2
5

Pero aínda quedaba unha laboura importante, preparar a terra para transplantar os tomates cando tiveran un tamaño suficiente. Cabamos, abonamos e regamos!

4

Despois dunhas semanas xa están listos para levalos ao horto e  ao invernadoiro.

6

7
8
9

Xa vos contaremos como foi a colleita!