Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Construción de instrumentos

Os nenos e nenas de 2º,3º de EI e 1º de EP nas aulas de música estivemos a traballar ao redor da música tradicional galega e os seus instrumentos. Ademais de ir un a un investigando os xeitos de tocar, de que materiais están feitos, a que outros instrumentos acompañan….. tivemos a sorte de poder visitar o Obradoiro de construción de instrumentos de Xaneco onde Xan nos mostrou o proceso de elaboracion de algúns deles dende que non son máis que un pedazo de madeira.

A nós pareceunos ata un pouco maxia como un tronco dunha árbore pode coller forma redonda para ser tamboril ou zanfona, ou como a pel dunha cabra acaba sendo o parche dun pandeiro ou pandeireta. Incrible pero certo, porque Xan coas súas mans, as miles de ferramentas que alí ten e moita moita arte….fai pandeiras, pandeiretas, bombos, pandeiros e ata zanfonas!!!PicMonkey Image

XANECO2

Pero non só sabe facer instrumentos….tamén nos agasallou cunha buxaina feita a partires dun toriño pequecho de madeira que elaborou con moito agarimo no seu torno.

XANECO3
E como non podía ser de outra maneira, rematamos este encontro como debe ser…con música!!! Cantamos a Carolina acompañados coa zanfona de Xaneco ….as profes agarraron canda seu instrumento e….festa!!!
XANECO4

Que ben o pasamos e canto aprendemos. Grazas Xan por esta mañá tan agradable.