Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Charla-Exposición Camelias

Hoxe día 26 de abril, no arranque das XVIII Xornadas da Cultura, celebramos unha Exposición de Camelias que podedes visitar ata mañá venres día 27.
Contamos coa colaboración de membros da Asociación Galega da Camelia que ofreceron unha charla ao alumnado de 1º e 2º de ESO e público en xeral, na que falaron da orixe desta flor, a súa chegada á nosa comunidade e os seus usos estéticos e comerciais.
Tanto a charla como a exposición contou con numeroso público interesado.
Ofreceuse un té de camelias a todas as persoas que quixeron probalo.
Moitos dos asistentes descoñecían que o té procede dunha variedade de camelia e que os distintos tipos de té dependen da variedade ou o tratamento que se fai das follas desta fermosa flor.

31396196_1020030301480693_8207753347967540129_n