Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Caurel 2017

Outro ano mais o alumnado de 1º BAC de Galén participou da visita ao Caurel. Difícil describir a fermosura deste entorno, considerado como un dos bosques de maior importancia e riqueza. Comezamos a rota no Alto do Couto e en 15 minutos empezamos a penetrar no interior do bosque atravesando a parte alta da Devesa percorrendo fermosas pontes de madeira ata chegar a Fonte do Cervo. Curiosa xa que dela brotan dous manantiais, un de augas ferruxinosas e outro de augas calcáreas, por eso as suas cores tan marcadas.

Continuamos a camiñata ata chegar ó Mirador de Polín dende donde se pode ver o fermoso entornno no que nos atapamos, toda a devesa e os diferentes pobos. Alí almorzamos para despois descender ata a Aula de natureza do pobo de Moreda. Baixada esta vertixinosa, salvando nuns 5 km desniveis de 700, e  poñendo a proba as pernas de todos/as.

Dende Moreda pola rota de Uxio Novoneira finalizamos a xornada

Despois de unha boa cea a música tradicional amenizou a velada nocturna. Profesorado e alumnado tocaron e cantaron hasta que despois da larga xornada o corpo empezou a dicir que necesitaba descanso.  Foi o momento perfecto para deitarse e descansar. A maña seguinte  erguíamonos cedo para deixar todo recollido, almorzar e despois visitar o Cebreiro antes da nosa chegada a Lugo.

IMG_8500