Excelencia e Valores

/Excelencia e Valores

Parabéns David Pérez Piñeiro

18 May, 2017|Excelencia e Valores, Noticias|

David Pérez Piñeiro foi Premio extraordinario de secundaria no ano 2011 e Premie extraordinario de bacharelato en 2013, agora remata en Vigo Enxeñaría da enerxía. Marchou a Noruega de erasmus no último ano para catro meses e aló quedou todo o curso e, ademais, vén de conseguir unha beca de posgrao anual concedida pola "Obra [...]

Parabéns Lucía Amarelo Ginzo

18 May, 2017|Excelencia e Valores, Noticias|

Lucía foi a gañadora do Premio de poesía Francisco Añón organizado polo concello de Outes, na categoría de 12 a 14 anos: AVOA Estaba bailando, coa música do teu alento, cos tambores do teu latexo, e de repente o silencio. Astros apagados, escuridade e tristeza, tormenta, despois olvido. Caes, non te logro aferrar, caes, pero [...]

O primeiro ano de cole

12 March, 2017|Excelencia e Valores, Noticias|

O primeiro ano escolar é de gran importancia para os nenos e nenas. Supón una transición entre a vida estritamente familiar e o comezo da vida social. Pouco a pouco os pequenos e pequenas iranse despegando dos seus referentes familiares e iranse facendo máis independentes. Ao longo deste primeiro ano escolar irán entendendo que son [...]

8 marzo, día da muller traballadora.

9 March, 2017|Excelencia e Valores, Noticias|

O manifesto lido o 8 de marzo, día da muller traballadora. Sensible, intenso e .... escoitádeo, por favor, havos sorprender. O texto foi elaborado por Marieta Oral Chao, quen o le xunto con Helena Perez Moreno. A gravación e montaxe corresponde a elas dúas, Ananda González Salgado, Álvaro Olloqui Martín-Buitrago e Antón López Pérez, o [...]

Semana da Ciencia

9 March, 2017|Actividades e Saídas, Excelencia e Valores, Noticias|

Galén celebra a Semana da Ciencia ata o  sábado 11 de marzo. Durante estes días, o noso alumnado estanos a achegar os resultados das súas investigacións,  coa fin de compartir e aprender de cada un dos novos proxectos científicos desenvoltos nesta nova edición, desde Educación Infantil ata Bacharelato. A exposición, de carácter divulgativo, xira en [...]

Open Day 2017

13 February, 2017|Excelencia e Valores, Noticias|

O vindeiro sábado 11 de marzo abrimos as nosas portas para que coñezades Galén Nursery School, o noso proxecto educativo e ao noso profesorado. Entre as 10.30 e as 14.00 h. poderedes visitar os obradoiros de creación plástica, coñecer as aplicacións informátícas realizadas con scratch, xogar coas matemáticas na nosa exposición de Matemáticas, visitar a [...]