Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Arts and Crafts. Primary 1 and 2: 17th April.

Hi everyone,

os nenos e nenas de Primeiro de Primaria estivemos a realizar un proxecto nas asignaturas de inglés e plástica relacionado cos diferentes lugares que podemos visitar nunha cidade. Ademais de aprender vocabulario e expresións relacionadas con este tema, construímos unha cidade con depresores e outros materiais coma plastilina ou papel de seda. Estamos feitos uns artistas 🙂

See you soon!

 

Hello again 🙂

hoxe queremos compartir convosco o noso proxecto “Food in Art”. A partir das obras de Arcimboldo aprendemos vocabulario relacionado coa comida e tamén as diferentes texturas que os alimentos poden ter. Para facer o noso aprendizaxe incluso máis significativo e global levamos este topic a área matemática convertindo a clase nun mercado e traballando todas aquelas cousas que son necesarias cando saímos ás compras: suma, resta…que ben o pasamos!

See you soon.

Hi everyone,

os pasados meses de Xaneiro e Febreiro, os nenos e nenas de Primeiro de Primaria estivemos a traballar as formas dende as áreas artística e matemática. No seguinte vídeo podedes ver algunhas das actividades que fixemos na clase.

Agardamos que vos guste,

See you soon 🙂

Ola de novo familias,

esta vez queremos contarvos un chisco do proxecto que acabamos de rematar os nenos e nenas de Segundo de Primaria: my house project.

Partindo do tema que iamos a traballar na área de lingua inglesa, trasladámolo tamén cara un punto de vista artístico na materia Arts and Crafts unindo ambas e facendo así o noso aprendizaxe máis global e significativo.

Despois de debuxar a nosa casa e cada un dos seus cuartos, fixemos unha maqueta coa parte da casa que mais nos apeteceu empregando distintos materiais coma: teas, cartón ou pintura. Queredes velas? Son chulisimas 🙂

 

Ola familias,

Con esta entrada que ten por nome Arts and Crafts, queremos compartir convosco os diferentes proxectos que imos a realizar este curso na materia Plástica de Primeiro e Segundo de Primaria.

Dentro dos nosos proxectos de Arts and Crafts, os nenos e nenas de Primeiro de Primaria comezamos a traballar o Arte Abstracto. Partimos dunha obra de Jackson Pollock para, máis adiante, experimentar diferentes maneiras de representar este tipo de arte. Como resumo ao noso traballo, fixemos o seguinte video:

Arts and Crafts é o nome que recibe a materia de Plástica en inglés. Nesta asignatura, imos coñecer diferentes autores e probar diversas técnicas plásticas seguindo a metodoloxía CLIL. CLIL significa Content and Language Integrated Learning e fai referencia ao aprendizaxe de contido a través dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés.

Ademáis do contido e a linguaxe, cada unha das unidades ou proxectos que se traballan coa metodoloxía CLIL integran 4 aspectos claves. Estes aspectos fundamentais coñécense como as 4C´s: Communication (comunicación), Content (contido), Cognition (cognición) and Culture (cultura).

No seguinte video, Do Coyle que é a máxima autoridade desta metodoloxía xunto con David Marsh define brevemente o que vos estamos a contar.

 

See you soon :