Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Animación á lectura.

O alumnado de 1º e 2º da ESO participa hoxe nunha actividade encadrada dentro das Xornadas da Cultura 2017, en colaboración coa Editorial Rodeira. Trátase dun librofórum, orientado de xeito lúdico, con actividades individuais e en grupo,  onde se traballarán distintos aspectos das obras lidas previamente dentro do programa da área de Lingua Galega, como os personaxes, o vocabulario, os espazos, etc. As obras de lectura son Trece anos de Branca para 1º da ESO e A casa do medo para 2º da ESO, ambas as dúas de Agustín Fernández Paz.