As nenas e nenos da clase de 3º EI e 1º EP pasamos uns días inesquecibles en Aldea Nova.

Poidemos achegarnos ao mundo das abellas, a súa organización e a importante labor  que desempeñan, saboreamos distintos tipos de mel e tamén polén. Para rematar enfundámonos  naqueles traxes brancos para unha colmea de cerca.
Bees

Fomos panadeiros e panadeiras e cada quen fixo o bolo de pan máis creativo,  pero para cocer antes había que quentar o forno. Canta leña facía falla para que as pedras se puxeran brancas! Por certo, o pan estaba boíiisimo!
Bread

E por suposto,  non hai granxa- escola que se preze que non teña animais. Unha porca celta, unha vaca cachena, un burro, coellos, cabras, cabalos… a todos eles poidamos darlle de comer e preparar as súas camas para durmir, para rematar montando a Vilma, unha pony pacífica e resignada que nos deu voltas e voltas… Soubemos recompensala cun bo cepillado e uns agarimos.
Farm
IMG_8010
IMG_8028

Tamén tivemos unha sesión no planetario onde fomos astronautas por uns minutos e percorremos o espazo na nosa nave, para rematar oteando o horizonte a través do telescopio. Que preto estaba todo!!
ScienceII

Canto nos gustou ser científicos e científicas cuns experimentos que nos deron moito que pensar, e espertaron a nosa curiosidade e asombro.
Science

E no tempo libre aproveitamos para facer  xogos tradicionais: a ra, os bolos, a pesca… todo acompañado dunha rica comida e uns xelados deliciosos.
Miscel

Con tanta actividade era preciso repoñer forzas!, que ben se durme todos e todas xuntas.

BeFunky-collage

Gozamos moito e quedáronnos ganas de volver.