Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

4º ESO. TECENDO CONCIENCIAS

22510432367_7f683d5b4aFai uns días o alumnado de 4º da ESO participamos dun obradoiro impartido polo grupo de traballo “Lugo, Cidade por un Comercio Xusto”, formado por A Cova da Terra, Asociación de Cooperación Pola Paz, Bico de Grao,  Manos Unidas e Taller de Solidaridade.

Tecendo Conciencias é un proxecto que ten como finalidade  sensibilizar sobre a precaria situación que sofren os traballadores/as dos Países do Sur como consecuencia do sistema de produción e consumo actual. Nos achega esta realidade para coñecer, reflexionar e ser conscientes das implicacións que teñen os nosos hábitos de consumo na vida das persoas e no medio ambiente.

A través deste obradoiro nos familiarizamos con conceptos básicos sobre dereitos laborais, comercio internacional, consumo responsable e Comercio Xusto. Todo isto a través dun xogo de rol que plantexaba a realización dun xuízo, no que representabamos o caso real dunha empresa subcontratada por unha gran multinacional que violara os dereitos fundamentais dos seus traballadores. Cada un de nós representou o seu papel: xuíz, avogado da acusación e defensa, testigos e xurado popular. Tras a exposición, reparto de papeis e o traballo preparatorio simulamos o noso xuízo. Houbo declaracións, presentación de probas…ao final o xurado emitiu o seu veredicto e levamos ao cabo as conclusións.

Mañá acudiremos ao Auditorio Municipal Gustavo Freire, onde completaremos a actividade coa representación teatral da peza: “Vaya tela” da man de Xucrut Teatre A obra plasmará situacións sobre o consumo de roupa cheas de humor para reflexionar sobre inercias cotiás.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

22928914465_78a25aefea