Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Intercambio Dinamarca 2018

O pasado 4 de Abril, o grupo de 1º BAC saíu cara a Dinamarca para gozar, un ano máis, do intercambio en inglés.
A primeira parte do intercambio transcorre nos institutos de Skive e Morso. Aquí, os alumnos/as viven coas súas familias e asisten cos seus correspondentes anfitrións ao instituto, onde organizan diferentes actividades, talleres, deportes e excursións nas que a lingua vehicular é o inglés. Visitamos a cidade universitaria de Arhus e dous museos: Moesgaard e Aros. E durante o fin de semana, gozamos tamén dunha cea de despedida e dalgunha pequena excursión coas familias.
O dia 10, logo dunha calorosa despedida na estación, saímos cara a Copenhague, segunda parte do intercambio. Aquí nos hospedamos nun hotel e visitamos os lugares máis emblemáticos da cidade como a serea, o porto vello, o palacio Real, a igrexa de mármore, o museo nacional, o museo do deseño, un paseo en barco etc…
Finalmente, regresamos a Lugo o dia 13 coa sensación de vivir, como sempre, unha marabillosa experiencia.

30657302_1012034922280231_8023779102901780420_n