Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

2º ESO programando mbot ranger

Este ano incorporamos unha nova materia en 2º de ESO, PROGRAMACIÓN. Con ela, o que  pretendíamos era introducir  de cheo ao noso alumnado no mundo da programación e conciencialos da súa potencia como medio de expresión das súas ideas.

Ademais de moitas outras actividades, podemos destacar como os nosos rapaces e rapazas  foron capaces de aprender a programar en HTML, culminando coa creación dunha páxina web propia e individual coa que se puideran expresar, así como de ser capaces de crear unha web feita por encargo dos seus compañeiros de 1º de ESO, para axudarlles á recompilación de datos para o seu proxecto interdisciplinar (https://mapaemocional.wordpress.com/ ).

Finalmente, estes últimos meses trallamos a programación por bloques có programa scracth, poñendo en práctica todo o aprendido coa montaxe e posterior programación do robot mbot ranger, tal e como podedes ver no video. Agardamos que disfrutedes con el, tanto coma nós ao facelo!