Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

2º BAC nos Obradoiros do Banco Santander

O día 28 de outubro o alumnado de 2º BAC de Galén acudiu a dous obradoiros no Banco Santander.
O primeiro deles: “Como superar un proceso de selección?”Indicáronlles as claves para afrontar con éxito as diferentes fases dunha entrevista de traballo, dende a conversación telefónica, ata a entrevista persoal. Incidiron na parte técnica, pero tamén lles amosaron con vídeos reais a imaxe que dá o non saudar, non levar vestimenta apropiada ou dar información pouco axeitada.
O segundo: “Claves para preparar un bo curriculum” Ensinóuselles a estrutura, o contido e a presentación que debe levar o curriculum, así como diferenzas entre distintos países e trucos para ter máis posibilidades de ser selecionado/a.
WhatsApp Image 2019-10-29 at 09.30.16