Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

O martes 5/12/17 os alumnos e alumnas de 6° EP tivemos a grata experiencia de participar, como os pasados anos, no pleno infantil que ten lugar no Concello de Lugo e está organizado por Unicef.  Tivemos a oportunidade de converternos en membros do goberno para falar sobre os dereitos da infancia. Fixemos unha reflexión sobre un dos dereitos, a participación, e unhas propostas de mellora para levar a cabo no Concello, así como unhas preguntas para os concelleiros e concelleiras que moi amablemente nos contestaron. Foi unha experiencia xenial coa cal nos decatamos da importancia do dereito á participación cidadá.

 
IMG_7908