Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

25 novembro, Día internacional para a eliminación da violencia de Xénero

Durante todo o mes de novembro estivemos  a desenvolver unha campaña  ao redor deste día, un dos temas máis preocupantes na nosa sociedade. Dende comezos de mes publicamos no facebook diferentes curtas, visionadas e traballadas tamén nas aulas, os corredores enchéronse de carteis aludindo ao tema, coa fin de espertar na comunidade educativa o debate ao redor deste tema, concienciando e educando na imprescindible igualdade.

Ademáis realizamos retratos do alumnado de ESO e BAC, que se suman deste xeito á reivindicación da igualdade e a súa repulsa á violencia. A mostra permanecerá exposta na entrada do centro ata finais de mes.

Ticando na seguinte fotos accederedes á galería e acceso a súa descarga:

DÍA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

… e aquí o seu vídeo en youtube:

O venres 23 ás 12.0o nos xuntamos na entrada interior do Centro onde alumnado de 2º BAC lerá un manifesto, este ano a cargo de Natalia e César. aquí vos deixamos o vídeo para que os poidades escoitar:

Curtas publicadas no facebook: