Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

1º BAC Semifinalistas YBT

Equipos de economía de 1º de Bac semifinalistas do YBT
Na materia de economía, entre os meses de novembro e febreiro, utilizamos o simulador de negocios YBT (Young Business Talents) para practicar a toma de decisións dentro da empresa.
É un laboratorio para experimentar o mundo dos negocios onde os rapaces/as fanse cos elementos de xuízo necesarios para decidir que facer no futuro.
Deste xeito aprenden, entenden e desenvolven as súas habilidades e competencias profesionais.
Dirixir unha empresa: analizar, planificar, executar e controlar. Os elementos esenciais son os plans que están formados por un conxunto de decisións. As decisións son o que se introduce no simulador. O Young Business Talents permítelles emular con precisión o que ocorre no mundo dos negocios.