Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

1º BAC recibimos ao alumnado danés.

Un ano máis, rematamos con éxito o intercambio cos institutos daneses de Skive e Morso.

Nesta ocasión, a  estancia non foi moi longa pero si  moi intensa e enriquecedora.

Tivemos a ocasión de participar en diferentes talleres de lingua, música e baile tradicional, xogos populares etc…  tanto en Galén como en Lugo, visitando o centro histórico a través dunha app creada específicamente para coñecer a cidade;  Ademais, fixemos un tramo do camiño de Santiago, visitamos  a catedral e o centro histórico da cidade e gozamos do fin de semana en familia.

Finalmente, rematamos cunha cea de despedida na que nos fixestes chegar unha valoración moi positiva do intercambio.

Moitas grazas, unha vez máis, a todos e todas… alumnado, familias e  profesorado, porque  sen vos non sería posible vivir esta experiencia.