Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Lucía Amarelo, alumna de 1º ESO, gaña o 1º Premio Francisco Añón de poesía na categoría D para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos, co poema Alzheimer.

 A entrega de premios celebrouse o día das Letras Galegas, na Casa da Cultura, do Concello de Outes. Parabéns Lucía!!

ALZHEIMER

Todo o que sei,

Todo o que son,

Está na miña cabeza

Enterrado nun recuncho.

Plumas de tinta azul

Escribindo páxinas en branco,

Doces esperanzas, soños de tul

Xirando ao meu arredor.

Néboa

De soños destrozados,

Esperanzas en retallos,

Para sempres esvaecidos.

Promesas sen historia,

Xirando nunha noria,

Amantes separados,

Contos xamais contados.

Néboa avanzando,

Non sei se estou berrando

Ameaza con facerme esquecer de forma

Máis efectiva que o alcohol, mellor que calquera droga.

Néboa

 De soños destrozados,

Esperanzas en retallos,

Para sempre esvaecidos.

Todo o que sei,

Todo o que son,

Remata de facer

Efecto no meu corazón.